Filosofia

O Pepiño de Allariz é unha Casa galega de xantar tradicional que se pode catalogar nun chanzo intermedio entre a taparía e o restaurante tradicional.

A nosa oferta baséase nos produtos galegos de calidade e na tradición gastronómica da Galicia rural, con especial atención aos pratos e produtos que son típicos da comarca de Allariz (Ourense).

Todo isto nun ambiente que recrea a vida das tendas-bar do rural ourensán dos anos 50.

ico_km0

Traballamos con provedores da zona que nos aportan produtos de calidade da súa propia colleita.

No Pepiño estes produtos son cociñados e presentados de forma sinxela e procurando conservar a súa autenticidade, aproveitando sempre para ofertar aqueles que mellor se adapten a cada tempada.