Packs gourmet
Sempre é bo momento para regalar e regalarse, os pack gourmet O Pepiño son unha opción perfecta para os amantes da boa gastronomía e do bo comer.
Triunfo seguro con regalo gourmet galego
Non temos ningunha dúbida de que calquera estará encantado se recibe na súa mesma casa estes produtos galegos. Por isto, en O Pepiño facemos envíos a toda a Península, queremos que, ademais dos alaricanos, todos poidamos gozar destes manxares.
Salchichón cular, chourizos tradicionais, queixos boísimos, viños, packs de cervexas, a mellor carne de boi galega, variedade de xamón… Entre amigos, familia, na casa, de picnic. Calquera día pode ser especial gozando da mellor gastronomía con produtos únicos.