O noso local
un local con historia gastronómica …
Nacemos nun edificio emblemático da gastronomía alaricana. Neste edificio da rúa Vilanova nº1 estivo instalado durante moitos anos o mítico Restaurante Fandiño, rexentado primeiro por Lola Bouzas e Pepe Seara e despois polo seu fillo Tino Seara.
Hoxe o Restaurante Fandiño segue a súa actividade no numero 6 da Rúa do Cárcere de Allariz con Xurxo Seara, terceira xeración de restauradores, á fronte.
A familia Pepiño quere facerse merecedora do lugar que ocupamos pondo á túa disposición outra proposta gastronómica dentro do noso estilo de cociña tradicional galega.
Intentaremos sorprenderte cunhas croquetas cremosas ou co noso Codillo de Porco Celta ao forno con verduras. Procuraremos ofrecerte unha selección de primeiros pratos que poidas compartir cos teus amigos e familia. Ofrecerémosche sobremesas caseiras para que leves un recordo doce de nós.
E antes de marchar non esquezas de ver os produtos da nosa tenda onde terás a oportunidade de levar para a túa casa os mellores sabores da Pepiña.
Intentaremos sorprenderte cun arroz negro con luras ou co noso Codillo de Porco Celta. Procuraremos ofrecerte unha selección de primeiros pratos que poidas compartir cos teus amigos e familia. Ofrecerémosche sobremesas caseiras para que leves un recordo doce de nós.
A nosa oferta baséase nos produtos galegos de calidade e na tradición gastronómica da Galicia rural, con especial atención aos pratos e produtos que son típicos da comarca de Allariz (Ourense).
Todo isto nun ambiente que recrea a vida das tendas-bar do rural ourensán dos anos 50.
Traballamos con provedores da zona que nos aportan produtos de calidade da súa propia colleita.
Na Pepiña estes produtos son cociñados e presentados de forma sinxela e procurando conservar a súa autenticidade, aproveitando sempre para ofertar aqueles que mellor se adapten a cada tempada.