Viños, licores e cervexa artesá

Viños, licores e cervexa artesá

A quen non lle gusta unha boa copa de viño ou abrir unha cervexa para relaxarse e desconectar? No Pepiño somos moito de gozar estes pequenos momentos, por iso temos viño mencía, godello e cervexa artesá que poden chegar a calquera fogar. Viños con D.O. Monterrei elaborados por produtores locais moi queridos.

Entre os nosos produtos gourmet, non podían faltar estas bebidas, incluido algún licor típico, para poder ter un pack completo de felicidade. Desde Allariz, unha vila ourensá, traballamos con fabricantes locais, porque queremos que a calidade galega chegue a toda a Península.

Es máis de viño ou cervexa artesá?

Sabemos que é posible que sexa difícil escoller, por iso animámosvos a botar un olllo á nosa sección de packs gourmet: múltiples combinacións cos mellores produtos galegos de porco, boi, cabra, cervexa artesá e viño.

Queremos que experimentedes a gastronomía galega desde calquera punto da Península, preparamos os envasados ao baleiro e as cestas ao momento. Todo feito de forma sostible e coidando cada parte do proceso.

Preme no carriño para gozar con quen quieras