Centro de Xamón de Boi (envasado ao baleiro)
125,40€ IVA incluido
Centro de Xamón de Boi envasado ao vacío en tacos de 2Kg aproximados, envasados ó vacío.
O xamón de boi do Pepiño de Allariz é un novo produto gastronómico galego de alta calidade que obtense da curación dalgunhas partes dos cuartos traseiros de gando vacún macho (boi) especialmente seleccionados para o Pepiño de Allariz por Daniel Cochón do matadoiro frigorífico de Bandeira ( Pontevedra).
O gando vacún seleccionado para o xamón de boi esta composto exclusivamente por animais machos de mais de 6 anos de idade e cun peso non inferior a 600 Kg/canal para asegurar así unha boa infiltración de graxa nas pezas seleccionadas. As pezas utilizadas para a súa curación son a tapa, a babilla e a contra das patas traseiras do animal.
O proceso de curación sigue a mais antiga tradición galega. Facémolo nas terras altas da serra do Larouco ourensán e sigue unha secuencia de salgado, asentado e afumado que dura entre 7 e 12 meses dependendo do peso de cada peza. O afumado, que proporciona una textura e sabor especial o noso xamón de boi, faise con leña de carballo galego.
Información adicional
Peso | 2.49 kg |
---|---|
Referencia | TX02 |
Información nutricional | Valor enerxético: 175kcal / Graxas totais; 5,4gr / Graxas saturadas: 2,49gr / Monoinsaturadas: 2,63gr / Poliinsaturadas. 0,28gr / Proteínas; 31,5gr / Hidratos de Carbono: <1,0g / Sal: 5,65gr / Azucres <0,5gr / sodio: 2,259 |
Ingredientes | Carne de boi, sal, azucre, conservadores e antioxidantes |
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.