Queixo Torneiros

11,44 IVA incluido

Pieza de 400 gramos aproximadamente

O nome é en homenaxe á parroquia de Ecoleia, a ganderia veciña de onde procede o leite ecolóxico recién muxido que é o protagonista desta elaboración. Presencia singular cunha codia negra sobre a que viven diferentes mofos, importantes no afinado. Ao corte descubrimos una pasta lixeiramente amarela con ollos distribuídos irregularmente e un agradable aroma a leite de vaca. A súa consistencia lembranos á nata espesa con toques doces e aterciopelados, que contrastan ca acidez final que nos queda en boca. Son pezas pequenas que elaboramos con moito mimo moldeando á man e deixando que se desoren lentemente. O dia seguinte cubrimolos un a un con carbón vexetal e deixámolos nunha sala para que as levaduras  se desenrolen. Cando isto sucede pasan a nosa cava de afinado onde maduran 30-40 dias.

Información adicional

Peso0.5 kg
Dimensións12 × 12 × 5 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.